Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, en 1979 Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá unha sociedade nos antípodas da súa aldea, tan pequena, tan pechada. Mais non todo en Barcelona é de cor de rosa. Carmen comprobarao cando busque colocación como criada nos barrios altos, para sacar uns cartiños mentres non regresa á casa. Ao servizo de señoras adiñeiradas, cociñará, fregará, escoitará moito e calará aínda máis. Cecilia F. Santomé recrea a Barcelona da Transición e réndelle tributo a esa emigración galega -interior, en feminino- pouco explorada e a miúdo eclipsada polas grandes epopeas transoceánicas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.