Un novo acartonado con texto rimado ideal para compartir e iniciarse no camiño da lectura. Unha caixa misteriosa aparece no xardín. A imaxinación de Ana dispárase e ao lombo da caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos e familiares aos máis afastados e extraordinarios. Visita unha bruxa, viaxa ata unha illa misteriosa, percorre grandes ríos conxelados, adéntrase en mestos bosques onde viven uns trasnos… Cando finalmente abre a caixa, unha sorpresa aínda máis grande que a que esperaba agarda por ela. Con expresivas ilustracións de Christian Inaraja. A tradución é de Xosé Ballesteros.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.