Publicada en1989, esta obra foi galardoada coPremio da Crítica de Narrativa Galega dese mesmo ano e considérase a primeira grande achega en prosa do autor. Consta de 17 relatos breves independentes entre si e mais un adicional engadido na reedición de 2007. O Manuel Rivas xornalista vai da man do Manuel Rivas literato, enriquéceo. Hai moito matiz e sensibilidade nestas páxinas que anuncian de primeiras divertimento, un xogo, unha explosión de humor, pero que axiña afondan tamén na outra cara da realidade, a menos visible, e invitan a exercitar o espírito crítico.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]