«Un espléndido mundo novo» é posiblemente a novela máis lida e inquedante de Aldous Huxley, un dos escritores máis lúcidos da segunda metade do século XX. Presenta un futuro lonxano onde o mundo alcanza a felicidade absoluta grazas a unha nova realidade deseñada a partir do lema “Comunidade, identidade, estabilidade”. Os grandes controladores administran ata o máis mínimo detalle nesta sociedade perfecta onde todo está planificado, a violencia é un vago recordo e os humanos son cultivados con enxeñería xenética e clasificados en castes. A poboación vive na ignorancia a través dun depurado lavado de cerebro.
Cando se publicou en 1932 foi calificada como unha distopía, pura fantasía, mais resultou visionaria e premonitoria. Nunha época na que os totalitarismos aspiraban a dirixir o planeta, ao tempo que se apostaba polo cientificismo como único camiño para a evolución, Huxley ideou este relato para satirizar eses empeños.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.