“Ultraluz” é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Esta edición amplía a publicada polo Centro PEN de Galicia na súa colección Arte de trobar. Inclúe ademais algunhas imaxes do espectáculo de palabra, música e luz arredor dos poemas no que Ledicia Costas acompañada dos músicos Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga levaron os poemas de “Ultraluz” a converterse nunha creación multimedia.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.