Eran “tres minutos no aire” nos que falaba de por que as vacas morren sempre na adolescencia, como sabe o viño que facía Montaigne en Bordeos, ou indagaba de quen é a caveira que emprega a Royal Shakespeare Company para a famosa escena de Hamlet. Eran reflexións sobre a cultura, a literatura, a arte ou a vida cotiá, desde o romanticismo da tose a como xurar realmente en arameo, dun eloxio do embigo á antropoloxía do zapato. No ronsel de libros anteriores como Escrito en cafeterías e Libro de horas, aquí aparece recollida unha selección daquelas charlas diante do micrófono. Artigos que, como di o autor, por ser pensados para ser ditos, “preservan en algo a voz de quen os escribiu e dixo”.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.