Lonxe está aínda de ser unha realidade en todo o mundo, pero ninguén se atrevería a cuestionar a igualdade intelectual das mulleres e o seu dereito á educación. Tempo atrás, a situación era moi diferente. Ese camiño é o que a autora percorre neste libro. Alén disto, Xoana Pintos céntrase, moi en especial, nas mulleres científicas, no seu traballo cheo de dificultades, mais tamén de éxitos innegables. A autora é doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialidade en Bioloxía Mariña. Realizou estudos avanzados de Microbioloxía e Historia da Ciencia. Ten múltiples publicacións coas que pretende visibilizar e divulgar o traballo e contribucións das investigadoras e fomentar vocacións entre as estudantes máis novas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.