Thérèse Desqueyroux

Thérèse Desqueyroux

Thérèse Desqueyroux, publicada orixinalmente en 1927, é a obra máis celebrada de François Mauriac, escritor distinguido co Nobel de Literatura en 1952 que converteu os conceptos de culpa, compromiso e xustiza en piares do seu labor. En 1950, a obra foi recoñecida por un xurado especializado como unha das doce mellores novelas en lingua francesa da primeira metade do século XX. Thérèse, orfa de nai e criada sen afecto por un pai centrado nas súas ambicións, tenta envelenar o seu home, Bernard, un pequeno burgués das Landes afincado na tradición, de carácter melifluo e obtuso. Porén, a fin de minimizar o escándalo, Bernard declara en favor da esposa. A familia será o cárcere de Thérèse, obrigada a sacrificar a súa felicidade individual en prol do convencionalismo social. É unha obra ambigua, complexa e dunha gran riqueza literaria. Polo comezo abrupto, a alternancia de tempos verbais, a recorrencia de elipses e analepses de carácter reflexivo, a inclusión do discurso indirecto, o monólogo interior e outras peculiaridades narratolóxicas, a novela é ben máis ca un texto de inspiración autobiográfica («Thérèse Desqueyroux son eu, desesperado», afirmaría o autor a imitación do dito por Flaubert sobre Madame Bovary). Traducido do francés por Xavier Senín.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: François Mauriac
ISBN: 9788412393347
Edición: Xaneiro 2022
Páginas: 136

15,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Thérèse Desqueyroux, publicada orixinalmente en 1927, é a obra máis celebrada de François Mauriac, escritor distinguido co Nobel de Literatura en 1952 que converteu os conceptos de culpa, compromiso e xustiza en piares do seu labor. En 1950, a obra foi recoñecida por un xurado especializado como unha das doce mellores novelas en lingua francesa da primeira metade do século XX. Thérèse, orfa de nai e criada sen afecto por un pai centrado nas súas ambicións, tenta envelenar o seu home, Bernard, un pequeno burgués das Landes afincado na tradición, de carácter melifluo e obtuso. Porén, a fin de minimizar o escándalo, Bernard declara en favor da esposa. A familia será o cárcere de Thérèse, obrigada a sacrificar a súa felicidade individual en prol do convencionalismo social. É unha obra ambigua, complexa e dunha gran riqueza literaria. Polo comezo abrupto, a alternancia de tempos verbais, a recorrencia de elipses e analepses de carácter reflexivo, a inclusión do discurso indirecto, o monólogo interior e outras peculiaridades narratolóxicas, a novela é ben máis ca un texto de inspiración autobiográfica («Thérèse Desqueyroux son eu, desesperado», afirmaría o autor a imitación do dito por Flaubert sobre Madame Bovary). Traducido do francés por Xavier Senín.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Thérèse Desqueyroux”