Verán do 1940. O exército alemán avanza cara a París. A poboación foxe das súas casas na capital e inicia un éxodo por estrada para evitar a guerra. Nese mesmo momento, Irène Némirovsky empeza a escribir a que vai ser a súa magna obra: un fresco coral sobre ese tempo de incerteza e medo. “Suite francesa” é o testemuño en tempo real da ocupación nazi de Francia, que a súa autora non puido culminar porque foi asasinada en Auschwitz. Unha obra sobre as emocións humanas en condicións extremas. A tradución é de Samuel Solleiro.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]

Reseñas
Aínda non hai valoracións.