“Soños de Cajamarca” reúne nun só volume catorce relatos de Literatura infantil e xuvenil obra de destacados autores do noso panorama nacional. A través das súas verbas coñeceremos historias fantásticas que farán voar a nosa imaxinación á vez que alentan as ilusións de centos de nenas e nenos que residen en apartadas rexións dos Andes, no Perú.
Porque este proxecto colectivo nace con alma solidaria: apoiar o traballo que a ONG Aulas Abiertas está a levar a cabo no país andino a través da cesión de tódolos beneficios que os escritores participantes perciban por esta obra.
Soños de Cajamarca. Relatos
Sé o primero en valorar “Soños de Cajamarca. Relatos” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.