Dunha maneira visualmente atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, este ensaio ilustrado pretende divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo. Fala do que se está a cociñar nos estudios e salas de concertos da cidade olívica. Do rock ao trap, pasando polo folk, reggae e iazz, nas súas páxinas altérnense textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical. Denís Carballás e Pablo Vázquez, ambos os dous vigueses de 1995, colaboran xuntos desde que se coñeceron mentres estudaban Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Culminaron a carreira co seu documental “Cuna de músicos”, que fai un percorrido polas últimas catro décadas da música viguesa a través de dezasete entrevistas e abundante material de arquivo.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.