Corenta e dous relatos curtos, algúns baseados en experiencias vividas namentres que outros son pura ficción. Alberto González-Garcés narra con curiosidade e sorpresa a lendaria fundación de Muros por parte de Ulises; escribe sobre os peixes que comía Xesús de Nazaret segundo os Evanxeos e tamén sobre os que aparecen no Quixote; o paso de Federico García Lorca por Galicia, o canto do cuco en Kioto, os seus paseos persoais por Iguaçú, Asunción, as cataratas do Niágara e por espazos máis próximos tales como San Vicente do Mar, Ons, Santa Cruz e o río Verdugo. Reflexiona con pausada esperanza para concluír que «así é a vida, somos o que imaxinamos».

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.