Síbaris

Síbaris

15,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Esta é a obra de teatro que Domingo Villar rematou pouco antes do seu pasamento e que entregou a Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza protagonizada por un escritor que se atopa dende hai anos nun bloqueo creativo. É sobre todo unha obra divertida, como era o seu autor. Co fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba, desfilan pola escena as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores, que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de quen se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada, mais sempre lúcida, arredor da literatura e de todo o que a rodea. Está ilustrada por Carlos Baonza, autor dos linogravados de “Algúns contos completos”, o derradeiro libro que Villar viu publicado en vida.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Síbaris”