“Ser cetáceo” é unha sombra mergullada nas profundidades do mar, unha silueta que se converte tanto no mito que emerxe baixo a forma de Leviatán como nos mamíferos que, a diferenza de nós, se negaron a abandonar os océanos.
Esta é unha obra inclasificable, a recompensa dunha vida adicada ao estudo, as reflexións dun experto coñecedor do tema que consegue engancharnos e sorprendernos coa súa capacidade de relacionar todo o que nos define como humanos cuns seres tan especiais e próximos como son os cetáceos, que influíron e inflúen nas nosas existencias dun xeito que nin sequera podemos sospeitar.
Estes son os seres que serven de fío condutor nesta viaxe, os que nos levan dende os gravados nas pedras paleolíticas até a súa caza e explotación nun pasado recente.
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo
Sé o primero en valorar “Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.