Libro co que El Patito Editorial inaugura a Colección Illadas, cadernos de viaxe que axuntarán nun mesmo volume dúas visións de cada unha das illas galegas: a dun escritor e a dun astista plástico. Para os habitantes do continente, cando a auga era fertilizadora, bondade divina, o arquipélago foi lugar de peregrinación. Hai milenios diso, dende que Ons se representaba nos illarios transmitidos de voz en voz como manancial de vida e coiraza contra as tempestades destrutoras do Mar Maior. Lugar a onde dirixir pregarias e pasos. Un horizonte, un destino curador e sagrado, un camiño ata ese vórtice do océano onde se abre o paso ao mundo sobrenatural, á ultratumba.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.