No 2013 cumpriuse o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego e o octoxésimo aniversario do discurso “La Universidad Gallega ante el momento actual”, que pronunciou como representante do estudantado na inauguración do curso 1933-1934. Don Paco foi un sobranceiro universitario, primeiro como estudante e máis tarde como docente, aínda que viu tronzada a súa carreira despois do alzamento militar de 1936. Para homenaxear o seu antigo alumno e profesor, a Universidade de Santiago, a través da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, promove a publicación desta obra que incorpora a reprodución facsímile do devandito discurso.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.