Lupe é unha garza elegante que convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de “Salón de Té” e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda líquida que une tanto como os terremotos profundos. En cada grolo flúen o asombro e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.