Durante o duro inverno, nunha cidade do norte, un neno foxe da súa casa a causa do maltrato do seu padrasto. Atopa acubillo debaixo dun tubo, preto das vías do tren e do descampado que conduce ao bosque. Ninguén parece ter mágoa del ata que uns ollos o miran con detemento e tenrura. Tamén con autoridade. Eses ollos pertencen a unha cadela sen dono. O neno terá que aprender a sobrevivir cabo dela e da manda de cans que lidera. Aínda que a súa presenza non será aceptada de bo grado por todos eles. Novela realista que explora o tema dos nenos da rúa, inspirada na historia real dun neno ruso que se criou cunha manda de cans. Con debuxos de Ángel Trigo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.