Aos vinte e cinco anos da súa primeira edición, Polaroid é unha obra de referencia na historia da literatura galega contemporánea. Supón, entre outras cousas, a entrada na novela do mundo urbano galego, especialmente os barrios das cidades, da década dos oitenta e máis concretamente dos anos da salvaxe reconversión industrial. Un libro coa alma fracturada. O propio Suso de Toro cualificouno daquela como «estalido de furia inspirado polo punk». Enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicación audiovisuais e coa música pop anglosaxona.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.