Tradución ao galego das célebres conferencias que Ígor Stravinski pronunciou na Universidade de Harvard no curso 1939-40. O músico, investigador e doutor en Comunicación Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983) estuda a fondo e traduce a un dos músicos máis relevantes do século XX cando se cumpren cincuenta anos do seu pasamento. Esta edición inclúe un revelador estudo introdutorio que indaga na relación do compositor ruso coa cultura galega. En concreto co compositor lucense Xesús Bal y Gay e a influencia no betanceiro Carlos López García-Picos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.