Podas e enxertos. Unha guía práctica

Podas e enxertos. Unha guía práctica

Editorial: Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
Autor: Rosendo Luís Estévez Parada
ISBN: 9788412463545
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 88

19,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Como podo a maceira? Que é mellor para enxertar unha pereira: xema ou puga? E podo facelo sobre un pexegueiro? Cando debo podar o castiñeiro?
Fuxindo de tecnicismos e centrándose na realidade galega, Podas e enxertos. Unha guía práctica presenta de forma didáctica e moi visual, con ilustracións e fotos, como realizar podas e enxertos en froiteiras, árbores de aproveitamento forestal e plantas ornamentais, alén doutras técnicas (incisións, anelados e arqueamentos) e da explicación das ferramentas necesarias.
Velaquí un manual que anima a saír á horta, ao xardín, e a practicar, mellorar e contrastar experiencias, escrito por Rosendo Estévez, experto en agricultura ecolóxica, docente de numerosos obradoiros por toda a xeografía galega e de Agricultura Sustentable e Xardíns na serie de divulgación da TVG “Polo rego. A universidade do campo”.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Podas e enxertos. Unha guía práctica”