«Libro de poemas onde se mesturan o home, a muller e a beleza da natureza. É unha poesía sensual e erótica que pretende achegarse á xente lectora dende a perspectiva dun estilo de vida bohemia onde prevalece o gozo da sinxeleza da propia natureza, a arte como expresión sandadora e o desexo e a forza de conservación da cultura tradicional da Galicia», di o texto da editora. Raúl Herrera elabora unha sinfonía de poemas que, en harmonía co entorno, «crea o son hipnótico dun mar de soidade, onde as ondas e a liña do horizonte son os versos na voz de quen, con calma pracenteira, se enfronte á lectura deste libro que procura ser viaxe e acto poético de resistencia dunha xeración contra as convencións da sociedade actual».

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.