Dous turistas tiran fotos, ámanse, descobren xuntos a cidade, ven caer a neve, deixan o seu rastro sobre ela, escriben e debuxan, pasean polas rúas e polos museos e visitan librarías infinitas na procura das edicións norteamericanas dos seus libros favoritos.
“Pequeno álbum de Nova York en inverno” é un libro de debuxos de viaxe que serviu de sementeira para o proxecto Rodolfo e Priscila, editora indecisa. É a carta de presentación do que hoxe é un desexo cumprido e conta unha historia de amor atravesada pola panorámica íntima dunha das cidades máis apaixonantes do mundo.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.