Unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea en tradución de Alfonso Blanco. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle á súa autora, a cretense Ioanna Karistiani, o Premio Nacional de Literatura de Grecia. Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das illas Cícladas, como marco principal da acción, e alicerzada cos vimbios característicos dunha traxedia clásica, a obra, partindo da personaxe protagonista, Orsa Saltaferos, afonda nas vidas dunha comunidade de mariñeiros ao longo da primeira metade do século XX. Traballo, desgrazas, vodas e amores cruzados, vencellos irrenunciables, solitarias travesías, paisaxes agrestes, a guerra…

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.