Lito García Lago (Reboredo-Esteiro, 1957) é perito industrial e licenciado en Xeografía e Historia e Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Nestas páxinas fai unha unha crónica de divulgación política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria de Manuel Fraga. Houbo de todo: cambiou o curso do Amazonas, prendeu a mecha da rivalidade capitalina, un Borbón tivo que recuar… Ata houbo unha revolta duns conselleiros contra aquel que os nomeou e tamén unha experiencia tripartita que “acabou como acabou”. Prólogo de Suso de Toro.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.