Despois de longas horas de conversa co exconcelleiro de Compostela Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), o xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as liberdades. Relata os durísimos anos da posguerra, cando a ditadura mancou a fondo a familia Pasín Noya; detense logo na acción política do protagonista nos anos sesenta, centrada na defensa da veciñanza do seu barrio de Conxo; e xa, na transición democrática, cando Pasín pasa a formar parte da corporación municipal, inicialmente elixido nas listas do PCG e despois integrado como independente nos gobernos de Xerardo Estévez e Xosé Sánchez Bugallo. Luis Pasín representa, sobre todo, un xeito novo de facer política, onde a procura do consenso e o entendemento primaron sempre na súa acción pública.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.