Domingo García-Sabell (Santiago de Compostela, 1908 – A Coruña en 2003), escritor, político e médico, foi unha das figuras máis recoñecidas do pensamento galego do século XX. Partindo da analítica existencial heideggeriana (o home como “ser para a morte”) e da súa longa experiencia médica, Domingo García-Sabell pasea neste libro arredor do misterio da morte. Misterio, pero tamén feito material, físico, visible, humano. Da tensión entre estes dous polos conceptuais xorde este excepcional ensaio que só aspira, coa humildade que o propio tema demanda, a botar un chisco de entendemento racional sobre o fenómeno da morte, un dos últimos tabús da nosa sociedade.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.