O pandrama vai máis aló do drama clásico e inclúe o posdrama. A suma de ambos é o pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén. Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesitan á persoa que le e á que observa o espectáculo para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.