Reúne unha selección de quince discursos de Xesús Alonso Montero, mantendo na transcrición do texto o espírito fiel da oratoria orixinal. Un traballo que partiu de moitas horas de gravación e transcrición a cargo de Carmen Blanco Ramos, e que estivo ao coidado de Olivia Rodríguez González para esta edición. O autor afirma ter pronunciado máis de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes. Por eles van pasando personaxes inesquecibles como Rosalía de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán, Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón Piñeiro e Xosé Neira Vilas. Como afirma a profesora Olivia Rodríguez no seu limiar, “esta obra é unha revalorización do pensamento creativo da palabra e da súa conexión co pensar, sentir e imaxinar”.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]

Reseñas
Aínda non hai valoracións.