É a historia dunha decisión. O protagonista é un home con autismo de alto rendemento que decide facer unha viaxe acompañado do seu fillo Guille, autista moito máis afectado, o que suporá para el ter que tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de quen sempre estiveran pendentes del (pais, irmáns, exesposa). O relato está narrado en primeira persoa, o que obriga a mirar tanto o contorno coma o resto de personaxes a través da pupila dun home con autismo: literalidade na linguaxe, problemas de socialización ou nivel baixo de empatía. Ao tempo, tamén invita a entender que o mundo pode ser visto e vivido doutras maneiras igualmente enriquecedoras. Unha novela acerca do autocoñecemento, da asunción das propias limitacións e de como é posible aceptar o risco que supón atreverse, a pesar delas, a soñar.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.