Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

40,72 

3 dispoñibles

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras. Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira. Inclúe CD. Colaboran, entre outros, Uxía Senlle, Tino Baz, Xisco Feijoó e Juan Eiras.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos”