O culto das reliquias é considerado na actualidade como una supervivencia do pasado, que só se pode manter vivo grazas á práctica da liturxia. Mais, sobre todo, grazas á existencia das peregrinacións. Soamente o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto. Este libro achega un estudo completo no ámbito europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo deses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación, e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como agasallos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.