Val foi adoptada a finais dos anos sesenta nunha vila galega. Pasado o tempo tenta desentrañar o misterio da súa orixe e dos seus trazos diferentes, aínda que para iso teña que sufrir e afastarse dos que máis ama. Secretos, mentiras, loita pola supervivencia, afán de superación, o rancor, a esperanza e o amor forman parte das vidas dos Piñeiro Castro, dende os devanceiros ata a nena “de ollos riscados e pelo negro cortado á altura da caluga”. Un calidoscopio humano de personaxes que tratan de abrollar desde a derrota; outros que, para protexerse, se agochan detrás dun pano de dureza.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]