Foxos é o nome común co que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos. Segundo a súa forma e a técnica de captura empregada, clasifícanse en cinco tipoloxías elementais: simple, de converxencia, de dobre converxencia, de cruz e de cabrita, coas súas variables en canto á denominación dialectal.
No libro documéntanse os existentes no cuadrante noroeste peninsular, que é unha zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan. Unha área localizada ao norte do río Douro e que comprende as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castilla y León, Euskadi e o norte de Portugal, onde se realizou un importante traballo de campo.
Unha obra que non deixará indiferente ao lector, achegándolle todos os datos necesarios para entender a relación home-lobo ao longo da historia.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.