Un descoñecido baixou do ferrobús na estación de tren de Oreborg. Tiña unha leve coxeira e levaba
unha coroa de pequenas flores no sombreiro. Polo demais, non había nada raro nin misterioso nel.
Aínda que iso era só o que parecía… Un par de días despois, Oreborg viuse sacudida por un enorme escándalo de espionaxe e piratería. Nunca foi desvelada toda a verdade sobre este enredo criminal, e a día de hoxe ninguén sabe aínda quen era o forasteiro que coxeaba. Ninguén salvo o Comandante de Snårholmarna. E o propio misterioso estraño, naturalmente…
“Os espías de Oreborg” foi publicada por primeira vez en 1994. Dende aquela, Jakob Wegelius escribiu outros seis libros que se traduciron a máis de 20 idiomas e recibiu, entre outros, o Premio August e o Premio do Consello Nórdico.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.