Para o xurado do Premio Barriga Verde Os contos do Lobicán é unha historia en verso áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame valorou tamén a concepción plástica da obra. Lobicán é un lobo pequeno rosmón e inocente, que gusta ler, cantar, tocar música e cociñar, mais non estudar e ir á escola. Recibe a encomenda de súa nai de levar á casa do avó unha rica torta de amora e coidarse dos humanos, que só pensan en matalos. No camiño polo bosque ten que fuxir dos animais que gustan do cheiro da torta e coincide con Xiana, unha nena que vai á casa da súa tía cun bote de mel e coa que, logo de superaren cadanseus medos e reservas, inicia unha boa amizade. Ilustracións de Sofia Venzel.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.