Cada libro de Xavier Queipo é unha nova aventura, un percorrido por mundos e paisaxes sorprendentes, tamén unha exploración do que se agocha nos adentros do ser humano. A presenza de Asia na narrativa de Queipo xa tivera moi boa acollida por parte dos lectores e lectoras, ao xurdir en libros como Ringside e a novela Malaria sentimental. Nunca ata o de agora o escritor dedicara un libro a percorrer distintos ámbitos das culturas asiáticas, recreando e experimentando cos xeitos de narrar as historias do continente ou utilizando o senso do humor e o xogo textual como fai en Os ciclos do bambú.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.