«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio». Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey achega a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia. O libro contén un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas. Ilustrado por Xosé Cobas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.