O tranvía número flor

O tranvía número flor

18,61 

1 dispoñibles

Un álbum sobre a amizade e o poder transformador da palabra e da imaxinación. Laura contaba historias incribles. Ninguén a cría agás Omar, un rapaz taciturno e melancólico que botaba en falta a súa casa e o seu país. “Queres volver velo?” preguntoulle Laura un día. “Esta tarde, agarda por min na parada do tranvía ás tres en punto.” Xuntos iniciaron unha viaxe extraordinaria. Os protagonistas comparten algo máis que tempo e amizade, embárcanse nunha viaxe a través da palabra atravesando paisaxes fantásticas, quizais novas, quizais ocultas en recunchos recónditos do subconsciente. As ilustracións realistas e cheas de detalles de Federico Delicado amplían os significados do texto e acentúan esta proposta próxima ao surrealismo. A tradución é de Xosé Ballesteros.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O tranvía número flor”