Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publícase en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).
Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba “O libro do abraio”. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.