Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a gastronomía, a lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimental na memoria do gran compositor. Todo o que relata o autor conta con documentación da época, excepto a propia visita do músico, da cal non hai constancia certa. Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Contén un CD cos cuartetos de Joseph Haydn e as Danzas de Reis de Gulans, en interpretación de Fisión Atlántica Ensamble, baixo a dirección de Luis Soto. Ilustrado por Xosé Cobas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.