Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, deixou escrito no século XVII que na Coruña, cidade que viña de visitar, «ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños». Xurxo Souto, que por dereito propio pode ser considerado o narrador que mellor sabe ler o mar galego, rescata nesta súa nova novela ese mito coruñés esquecido. E conta para o proxecto cos personaxes da señora Laura, a sabia do mar, que sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E con Mercedes, que tamén é a protagonista da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, que traballa nun taller téxtil. A moza é «heavy» e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.
O retorno dos homes mariños

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Xurxo Souto
ISBN: 9788491218197
Edición: 1ª Xaneiro 2021
Páginas: 144
18,95 €
1 dispoñibles
Sé o primero en valorar “O retorno dos homes mariños” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.