Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a estenderse dende o Atlántico até as terras da actual Cantabria e dende o Cantábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñecen boa parte das fontes históricas europeas e musulmás. Pola contra, nas hispanas ‘asturianas, leonesas e castelás’ a súa existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido máis tarde pola maioría dos historiadores dos séculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristiás para dar vida a un relato histórico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporáneo. Nese relato, o Reino medieval de Galicia quer non existía, quer se supeditaba, como unha mera anécdota, á pretendida historia de España. Do porqué dese agocho e desa desmemoria dan conta os autores deste libro.
O reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Anselmo López Carreira,Xosé Miguel Andrade Cernadas
ISBN: 9788491216896
Edición: 1ª (2020)
Páginas: 200
18,95 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé o primero en valorar “O reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.