Grazas ao éxito das aventuras de Nariciño, Pedriño, a boneca Emilia, o Vizconde e demais personaxes, o Sitio do Picapau Amarelo volveuse tan famoso que un día sucedeu algo impensable: personaxes de ficción como Brancaneves, Polgariño, Peter Pan, Don Quixote e tantos outros, mesmo figuras da mitoloxía grega, decidiron mudarse á ata entón tranquila propiedade de dona Benta. En O Picapau Amarelo, publicado en 1939 en Brasil e por primeira vez agora en galego, Monteiro Lobato, pai da Literatura Infantil brasileira, demostra unha vez máis que, cando se trata de infancia e imaxinación, o ceo é o límite. A tradución é de Anxo Tarrío.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]