Na España dos anos finais da ditadura franquista e da Transición democrática, coa aparición de novas clases sociais e económicas xurdidas por mor da emerxente situación política, un profesor comparte confidencias cun inspector de policía, ámbolos dous xubilados. O policía transmite ao seu interlocutor a súa teima recorrente: o asasinato dunha rapaza, nun caso que puido resolver, mais sen consecuencias para os asasinos, amparados polos privilexios da caste á que pertencían.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.