Novela curta publicada en 1862 que, dende o rexistro irónico e un humor que se achega por veces ao absurdo, ofrece un acedo retrato da sociedade de mediados do século XIX, marcada pola desigualdade entre clases. Ademais, a obra contén un curioso tratado sobre a cirurxía facial ateigado de especulacións médicas expostas nun ton que se achega por veces á caricatura. Narra a historia dun desdeñoso e fatuo notario parisiense que só se interesa por alternar na Ópera e nas festas da boa sociedade. O home vese envolto nun duelo co turco Ayvaz-Bey, secretario da embaixada otomá na capital francesa, por mor dunha bailarina, pretendida por ambos os dous. O infortunio ocasiona que L’Ambert perda parte do seu nariz e que lle acontezan numerosas vicisitudes para recuperar a integridade do rostro. O notario non dubida en mercar a pel e o tempo de Romagné, un mozo auvernés co cal vivir non poucos desgustos. Traducido do francés por Marie Abraira.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.