O elegante cocheiro negro que traballa para a familia Trescott queda desfigurado tras salvar ao rebuldeiro fillo do doutor Trescott, de morrer entre as lapas dun incendio. A súa fazaña fai que toda a vila de Whilomville o considere un heroe, sobre todo cando se espalla o rumor da súa morte. Non obstante, malia a gravidade das feridas, o doutor consegue salvalo e empéñase en mantelo con vida, feito que desata unha imparable vaga de repulsa entre a veciñanza. Esta novela curta aborda o racismo, os prexuízos, o ostracismo e a intolerancia cara aos afroamericanos que marcaron o século XIX e boa parte do XX nos Estados Unidos. O texto salienta polo estilo depurado o uso da ironía e a intensidade dalgunhas pasaxes.Traducida do inglés por Iago Nicolás
Reseñas
Aínda non hai valoracións.