Quen lle ía dicir a Mel que mudarse ao vello casarón da Praia se convertería nunha aventura fantástica. Após a morte da súa nai, os catro irmáns e mais o seu pai abandonan a cidade para ir vivir no abandonado fogar da familia na aldea de Oires. Unha historia chea de maxia na que unha familia debe superar a perda da nai e reiniciar a súa vida nun novo lugar. As súas preocupacións centrábanse en reformar o casarón, reabrir a vella panadería e adaptarse ao peculiar estilo de vida dos seus vecinos na aldea de Oires. Até que unha misteriosa rapaza co pelo da cor do mar comezou a aparecérselles nas noites de treboada… Un relato vibrante no que a protagonista deberá desentrañar o misterio que agocha o vello casarón familiar e, por se non fose abondo, fortalecer os lazos que unen os catro irmáns. A tradución é de Xosé Duncan.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.