“A vida é o que lembramos. É unha caixa chea de cartas anoadas do pasado, que neste libro collen forma de poesía”, di a editora. “Os poemas flutúan, ben no ar coma papaventos, ben no chan removidos polo nordés, ben na ribeira aboiando na auga, co engado da sensibilidade e da sinxeleza, á espera de ser recollidos para ser gozados. Esta é a poesía flutuante de Pedro Mayo, limpa e directa, que asolaga o corpo, que nos leva a un lugar concreto, ao Cantábrico, pero que podería ser lida e sentida por calquera e en calquera lugar, pero sempre mirando o mar que nos mira, porque todos levamos un mar dentro”.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.