O libro do Courel

O libro do Courel

“O libro do Courel” é unha publicación de carácter divulgativo que condensa todos os valores históricoculturais e paisaxísticos dos pobos da Serra do Courel. Afonda na relación dos seus habitantes co medio natural e pon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa cultura. Un traballo que rende homenaxe á montaña galega e ten por obxecto afondar no seu coñecemento polo gran público e promocionar os seus grandes atractivos como destino turístico de natureza.
A cultura castreña, a pegada romana, a arquitectura popular e a arquitectura relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o fío conductor dunha viaxe pola serra do Courel que invita ao visitante a admirar e gozar dunha natureza privilexiada e emocionarse cos rescoldos dunha forma de vida tradicional e das súas manifestacións culturais que, pese á emigración e o envellecemento da poboación, loitan por non desaparecer do todo.
Propón, así mesmo, diferentes percorridos entre as vilas da serra para descubrir soutos, castros, fervenzas, muíños de auga, antigas ferrerías, sequeiros, cabanas, e unha infinidade de tesouros agochados nestes pobos da montaña galega.

Editorial: Belagua Ediciones y Comunicación, S.L.
Autor: Sonia María García García
ISBN: 9788494175176
Páginas: 174

19,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

“O libro do Courel” é unha publicación de carácter divulgativo que condensa todos os valores históricoculturais e paisaxísticos dos pobos da Serra do Courel. Afonda na relación dos seus habitantes co medio natural e pon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa cultura. Un traballo que rende homenaxe á montaña galega e ten por obxecto afondar no seu coñecemento polo gran público e promocionar os seus grandes atractivos como destino turístico de natureza.
A cultura castreña, a pegada romana, a arquitectura popular e a arquitectura relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o fío conductor dunha viaxe pola serra do Courel que invita ao visitante a admirar e gozar dunha natureza privilexiada e emocionarse cos rescoldos dunha forma de vida tradicional e das súas manifestacións culturais que, pese á emigración e o envellecemento da poboación, loitan por non desaparecer do todo.
Propón, así mesmo, diferentes percorridos entre as vilas da serra para descubrir soutos, castros, fervenzas, muíños de auga, antigas ferrerías, sequeiros, cabanas, e unha infinidade de tesouros agochados nestes pobos da montaña galega.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O libro do Courel”